«Mostra da obra do fotógrafo portugués Eduardo Teixeira Pinto
05/03/2015 - Cultura
Dende o día 6 e ata o día 27 de marzo a Casa da Cultura de Monforte acolle a exposición “Aos Olhos de Eduardo”, unha mostra da obra do fotógrafo portugués Eduardo Teixeira Pinto.
Son setenta fotografías en branco e negro que chegan a Monforte a través da colaboración entre Fundación Vicente Riscoe a concellería de Cultura.
Esta mostra suxire un percorrido pola figura dun dos profesionais da imaxe máis recoñecidos do século XX, o portugués Eduardo Teixeira Pinto, a través de 70 imaxes en branco e negro tomadas entre as décadas do 1950 e 1960.
Sen dúbida, é unha oportunidade de achegarnos a un creador con maiúsculas que expuxo as súas obras nos cinco continentes. A través do seu obxectivo amósanos o río Támega, a cidade de Amarante, os seus veciños e veciñas..., en definitiva, a vida cotiá coa achega da súa particular e poética ollada.
Eduardo Teixeira Pinto (1933-2009) está considerado como un dos mellores e máis galardoados fotógrafos portugueses do século XX. Naceu na fregresía de Sao Gonçalo, en Amarante, o 29 de abril de 1933 e herdou do seu pai -tamén fotógrafo- o pracer de fotografar. Socio dos seus irmáns e do seu pai, traballou sempre con eles e dedicou a súa vida á fotografía.
Teixeira Pinto dedicou máis de 50 anos á fotografía e, neste tempo, conquistou numerosos premios. Nesta exposición que agora acolle a Casa da Cultura de Monforte, amósanse unha selección das súas mellores imaxes con Amarante como escenario protagonista.
Segundo explica o xornalista Xosé Manoel Rodríguez no catálogo da exposición, "Eduardo foi todos os fotógrafos do século e en Amarante estaban todos os escenarios apetecidos, desexados e buscados". Subliña tamén o xornalista que este artista "fixo de Amarante o seu universo e do Támega ese obxecto de desexo, ese amigo e compañeiro co que dialogou toda a súa vida".» in http://www.monfortedelemos.es/noticias.asp?sec=5&id=4163
(Homenagem Eduardo Teixeira Pinto - Fotografo Amarantino)
Sem comentários:
Enviar um comentário